Chandrexa Trail 2016

As veces a rutina non está mal de todo, sobre todo cando consegues que a túa rutina sexa vivir cada día algo inesquecible como di Elvira Sastre.
Non fai falta voar ó outro lado do mundo, nin gastar unha fortuna en cousas materiais... As veces chega con subir ó alto da Zamorela e sentir que estas na cima do mundo: enriba de ti só hay o sol e o ceo azul manchado polas estelas dos avion da xente que vai buscando o seu momento inesquecible.
E os pes... nin as palabras nin as fotos poden describir o que cada un sinte ó estar ahí respirando aire limpo, e escoitando o ruidosa que é a montaña: os merlos e o cuco, un galo ó lonxe, do outro lado do río, os cencerros de 3 vacas estraviadas e de repente unhas pisadas acompasadas ó lonxe e unha respiración entrecortada ó ritmo dos pasos de quen só poñendo todo o corazón pode chegar aquí arriba sen mais axuda que as suas pernas e sentir que o conseguiron, que o mundo está ós seus pes e que máis alá do posto da clasificación, por un ratiño, foron os donos do mundo.
Espero que todos os que correstes hoxe pola montaña de Queixa (o nombre non lle fai xustiza), conseguirades para a vosa maleta de recordos un día de rutina, un día inesquecible.
A miña máis sincera admiración para todos vos!!!

RESTO DE FOTOS: Espero que vos gusten...


No hay comentarios:

Publicar un comentario